jueves

Carreras


Había que correr o máis rapido que se podia. Gañaba o que conseguia chegar o primeiro á meta.

As catro esquiñas

Se poñia un no medio e se iban movendo os de a esquina ata que o do medio conseguía unha esquiña.

Pedra, papel,texoira


Este xogo era divertido. Poñiamos unha man pola espalda e pensabamos en que postura sairía.

Diciamos: Pedra, papel, texoira.

O papel gañaba a pedra.
A pedra á texoira.
A texoira ó papel.

Ibamos por puntos. O que primeiro chegaba ós puntos gañaba.

Tiro da corda

Colliase unha corda e na metade poñiase un pano e polos extremos tirabanse hacia un lado. Gañaba o que máis lonxe tiraba hacia o seu bando ou o pano moviase hacia un lado.

A pelota

Un rapaz ou rapaza se poñía diante dunha parede e os demais rapaces/zas poñianse detrás. O primeir rapaz/a tiña que facer unha acción cá pelota ( pasar por detras das pernas, botala no chan e logo na parede, dar unha volta arredor de si,etc) Os demáis tiñan que facer o mesmo se non perdían.

A goma

Dúas rapazas se poñian a goma nos tobillos e as demáis tiñan que pisar a goma, se non o facían perdían.




Había niveis:
1 nivel) os pés.
2º nivel) os tobillos.
3º nivel) as rodillas.
4º nivel) a cintura.
5º nivel) o peito.
6º nivel) o pescozo.
7º nivel) a coronilla.
8º nivel) a man estirada ó ceo.

miércoles

Cancións para sortear

Unha mosca puñetera,
cagouse na carreteira,
pim pom "fuera".

Un avión xapones,
cantas bombas tira ó mes?
unha, dúas, tres.

Pito , pito
colorito,
onde vas ti tan bonito,
a la era
verdadeira,
pim pom "fuera".

Manita torta
chaman a porta
si non me a das
á calle te vas.

Na Arca de Noé
caben todos, caben todos.
Na Arca de Noé

caben todos menos tú.

Un gato caeu ó pozo,
as tripas fixeron gúa,

A bicicleta

Meu irmán máis eu unha vez fixemos unha bicicleta de madeira. Logo nos tirabamos monte abaixo con ela. Non tiña pedais, nen frenos e nin falta lle facía. Ás veces alquilababamos ós nosos amigos.
Recordo unha vez, que meu irmán non calculou ben a frenada (que se facía cós pés) e non parou ata caer ó río. O meu irmán levou un susto moi grande pero eu escachei a rir.

O tren


Con latas de sardiña e cordas facíamos uns trenes moi bonitos.

Cazar grilos


Para cazar grilos o que se facía era cunha palliña metela nos buratos e faciase cosquillas ó animal para que saira. Tiñas que guiarte polo oído para saber onde estaba a súa "casa".

Escondite inglés

O escondite inglés xogabase desta maneira:

un poñiase de cara a parede e cantaba:
Escondite inglés,
sen mover
as mans
nin os pés.

Mentras os demais avanzaban e facían poses.

As casiñas

Xogabase no monte e coa imaxinación. O arroz era o couselo (planta que tiña no reverso da súas follas unhas especies de grans), a raíz do couselo eran as patacas, as muñecas eran os carozos dos millos no que se poñían retais de teas, coas pedras facíase a cociña, os cacharros da cociña (ollas, sartens, ...) eran as latas de sardiñas, ...

O fútbol


Para xogar necesitabase dous grupos.O primer grupo tiña que meter a pelota ( que eran retales de tea en forma de balón) na portería ( que eran dous paus suxeitos por pedras).

O xogo das prendas


Os participantes forman un coro sentados i elixen á "nai" e os demáis elixen un oficio que o faran por xestos.


A nai empeza a cantar:

"Antón, Antón,
Antón, pirulero,
cada cual,
cada cual,
que atienda ó seu xogo,
i el que non o atenda,
pagará unha prenda
de moito diñeiro."

Mentras cantan, os demais ten que facer o oficio e cando deixa de cantar hai que estar quietos. Si un se confunde ou non empezo a tempo perde unha pendra que lla da a nai.

A mariola, paturra, peletre ou mantequilla. Cascallo (asturias) rayuela (Castilla)









Este xogo consiste en pintar no chan con tiza ou mesmo na terra un trazado. Tiras unha pedriña no número un e logo tes que darlle có pé á pata coxa ata o número dous e así ata chegar ó último número e logo voltar ata o número un. Non podias tocar liña nen apoiar o outro pé.

Se tocabas liña chamabase pica.


Outra versión : o caracol.








Outra versión: o rectángulo

A billarda, a estornela ou o pilé.

Hai que golpear a billarda có pau grande e cando este no aire hai que darlle outra vez para que vaia o máis lonxe posible.


Outra variante é que cando a billarda este no aire se colla cun xersei.

Pídola ou Cheipas


Un poñese coa espalda encorvada e todos saltan de un en un.

A pita


O que tiña a pita perseguia a outro para tocalo e asi logo este quedaba coa pita e tiña que tocar a outro para deixar de tela.

A galiña cega.


Vendase os ollos a un rapaz, os demais pons arredor de el. O rapaz ten que dar 3 voltas arredor súa e os demais ten que chamalo para que o que pande poida orientarse. Se "pilla" a alguén ten que palparlle a cara para recoñecelo. Se o recoñece "panda" o outro, senón ten que pandar outra vez.

A galiña cega cós ovos dos niños


Vendase os ollos a un rapaz e daselle un pau. Colocase os ovós polo chan e o rapaz ten que darlle ós ovos.

A cachurra (monta-la burra)


Poñianse un de costas á parede. Os demáis poñianse coa espalda curvada entre as pernas do que estaba de pé. Ou outros facían o mesmo cós demais compañeiros. Os do outro grupo saltaban encima e cando estaban todos o que está de costas á parede contaba ata 10 e os de abaixo tiñan que aguantar porque se non tiñan que repetir.

Búsqueda de niños


O xogo consiste en buscar o maior número de niños de paxaros posibles.

martes

Os bolos



Necesitamos 5 bolos ( que eran 5 pezas de madeira do tamaño dun vaso) e 2 bolas de madeira redondas.
Os bolos colocabanse en línea enriba dunha mesa de pedra e as dúas bolas estaban na man.

Hai dúas versións para gañar o xogo:
Ou se tiraban todos os bolos dunha xogada ou se tiraban de un en un e o que tirase o último bolo era o gañador.

As canicas


Para xogar as canicas necesitabas ter canicas (unhas boliñas de cristal), entón facíase un burato no chan e tiñas que metelas dentro. O que metía todas gañaba non só a partida, senón tamén as canicas dos demáis.

O aro


Se xogaba cun aro de ferro que estaba apoiado nun pau de ferro tamén. Para gañar facíase carreiras.

lunes

O pano


Este é un xogo de moitos rapaces, colocanse en dúas filas e con un número cada un. Entón o rapaz que estó no medio de eles di un número do grupo y ten que ir rapidiño a coller o pano pero entón o outro número de rapaz da outra fila si chega a coller ó que o leva o pano queda eliminado.

Amboto - ato Materile










Hai que facer dous grupos, nun grupo hai unha soa persoa e os demais están no outro bando.

O xogo empeza coa canción:

1º xogador:
Ambo ato materile -rile -rile.
Ambo ato materile -rile -ro.

Grupo:
Que quere vostede, materile -rile -rile?
Que quere vostede, materile -rile -ro?

1ºxogador:
Eu quero un paxe, materile -rile -rile.
Eu quero un paxe, materile -rile -ro.

Grupo:
Que paxe quere vostede, materile -rile -rile?
Que paxe quere vostedes, materile -rile -ro?

1ºxogador:
Eu quero a ...( se exixe un xogador),materile -rile -rile.
Eu quero a...,materile -rile -ro.

Grupo:
Que lle vai regalar, materile -rile -rile?
Que lle vai a regalar, materile -rile -ro?

1º xogador:
(se di un regalo), materile -rile -rile.
(se di o regalo),materile -rile -r0.

Grupo:
Con quen o vai a casar, materile -rile -rile?
Con quen o vai casar,materile -rile -ro?

1ºxogador:
Con (se di un nome), materile -rile -rile.
Con (se di un nome), materile -rile -ro.

Agora, se o paxe elexido acepta se pasa ó lado no que había un só xogador, de forma que o xogador volta a empezar con dous xogadores nun lado e o grupo noutro. Así, cada vez hai un xogador máis noutro lado no que empezou sendo un e hai un menos no do grupo.

Os pelouros

Collese 5 pedriñas e colocanse 4 nas esquiñas dun cadrado imaxinado e a 5ª no medio. Logo tes que coller a do medio e a tirabas ó aire e mentras collías a 2ª pedriña e a 1ª tiñas que collela no aire, e así sucesivamente. Para gañar, non debía caer ningunha pedriña no chan ou perdías o turno.

viernes

A chave


Primeiro necesitamos a chave (un pau de ferro con duas cruces de ferro tamén que se moven en círculo) tamén necesitamos os discos que son redondos e tamén de ferro.

Colocamos a chave lonxe e inclinada. Hai que tocar cós discos na chave o maior número de veces. Pódese xogar en individual ou por parellas.

Pollicías e ladróns


Faise dous grupos de rapaces. Uns serán os policías e os outros ladróns.
Os primeiros terán que coller ós segundos (os cales estes interarán que non os capturen), cando un ladrón e capturado vai ó cárcere. O xogo remata cando os ladróns son todos capturados. O cal despois voltase a xogar e todos cambian o papel.

Carrera de carretillas



Para xogar ás carretillas necesitase un número par de parellas. Unha da parella poñese de pé e a outra ponse tirado o chan. O que está de pé colle polos tobillos á súa parella. Gaña o primeiro que chegue á meta.

Carreira de sacos.


Cada xogador ten un saco que o pon dende os pés. O obxectivo é chegar á meta antes caos demáis.

jueves

As chapas







Cada xogador utiliza unha chapa
que daquela era das gaseogas ou das bebidas con gas.
Cunha tiza, un pau ou mesmo con terra faciase un circuito imitando ós circuitos de carreiras. O mellor de todo era poñer obstáculos (charcos, elevacións, saltos,...), para poñelo máis díficil.Para mover as chapas facíase cun pequeno empuxon no que suxeitando ó dedo corazón có pulgar para logo soltar o dedo corazón.
Para comenzar o xogo todos os xogadores lanzan a súa chapa o máis lonxe posible.
O xogo remataba cando un chegaba coa súa chapa ó final do circuito que era a meta.

O escondite





Por sorteo queda un neno ou nena.

Debe contar cara unha parede ata 100 e os demais nenos e nenas se esconden e cando o que contaba debe ir en busca dos demais. Debe procurar que ninguén acheguese a "casa" ( o lugar onde se contaba) porque se alguén o consegue salva ós demais e terá que volver a contar.


Outra forma de xogalo é que o que pande ten que cantar a canción:

Os 3 mariñeiros á mar,
outros 3 han de navegar.

Os trompos.







O xogo dos trompos consiste en facer un círculo no chan.
Logo poñiase un trompo no medio do círculo e os demais nenos tiñamos que intentar que o noso trompo botara fora do círculo ó trompo de dentro. Para iso, tiñamos que dar con forza. Íase por turnos e o rapaz que o conseguia gañaba.

Xogo da Comba







O xogo consiste en que dúas rapazas colla unha corda (comba) e fagan círculos con ela batendo no chan. Logo as demais rapazas van saltando nela cantando:
Carta do Rey
que veu para que as nenas de agora de agora
vaian á guerra a defender a súa corona.
Dame a man Paloma,
quedese con Dios Señora.

Ó cantar "Dame la mano Paloma" outra rapaza entra no xogo coa que está saltando e a primeira sae.

Cocherito lere le








Este xogo consiste en que dous rapaces collan unha corda e baten nela no chan de maneira que fagan un circulo no aire. Logo un terceiro rapaz entra dentro da corda e salta cantando:

O cocherito lere le,
dixome onte lere le,
que se non quería lere le,
montar no coche lere le,
e eu lle dixen lere le,
con gran salero lere le,
non quero coche lere le,
que me mareo lere le.

Cada vez que se dicía lere le o rapaz que saltaba tiña que agocharse para que os outros fixesen un circulo no aire.

Á roda (2)

Hai outra canción para o xogo da roda roda:

Á roda, roda de pan e canela,
collo un chavito e vou á escola,
se non quero ir,
botome a durmir,
na herba boa e no perexil.
Marite, Marite:
sentadiña me quedei.

Máis cancións:

Que chova, que chova,
na Virxen da Cova,
os paxariños cantan, as nubes se levantan.
que si, que non,
que caiga un chaparrón
e que rompa os cristales da estación.


O patio da miña casa é particular,
cando chove se molla,
como as demáis.
Agachate e volta a gachar,
que os agachadiños non saben bailar.
H, i , j, k l, m, que se ti non me queres

outro amante me querra.

Se ves a este corro, aprende a cantar,
Correras si eu corro, como os demáis.
Levantate, e volta a levantar,
que os levantaditos si saben bailar
H, i , j, k l, m, que se ti non me queres
outro amante me querra.


E aínda máis:
Arroz con leite me quero casar,
con unhas señoritas de este lugar.
Que sepa coser, que sepa bordar,
que sepa abrir a pota para ir a xogar.
Con esta si, con esta non,
con esta señorita casome eu.

Atracar a calle







Este xogo realizase cós suficientes rapaces para que collidos da man tapen a rúa dun extremo á outra. Mentres cantase esta canción:

Atracar a calle,
que non pase nadie,
que esten os meus avós
comiendo habichuelas,
habichuelas amarelas
que se poñan de rodillas,
habichuelas encarnadas,
que se poñan ben sentadas,
habichuelas color café,
que se poñan ben de pé.

miércoles

Xogo da roda roda







Na miña infancia xogaba moito á roda roda que se cantabase así:

A roda roda
de maricanola
tomate un chorizo e vaite á escola,
se non queres ir,
vaite a dormir,
Maribel, Maribel
Sentadiña me quedei (e ó rematar tiñamos todas que sentarnos no chan)

Benvid@s ó blog de xogos en Pontevedra

Agardamos que pasedes un bo rato recordando os xogos da vosa nenez e á vez sentimonos agradecidas pola vosa participación neste blog que queremos convertir nun lugar do recuncho da memoria onde os xogos populares non caigan no esquecemento.

Unha aperta.

Cristina e Ana (Dinamizadoras do Concello de Pontevedra)